sábado, 29 de octubre de 2011

AS CABAZAS DE SANTIAGO DE OIS

Moito antes de que a palabra "halloween" chegara aos meus oídos, eu xa sabía da costume das cabazas vaciadas ca vela dentro. Contoumo meu pai. El ten un recordo moi difuso, era moi pequeno cando en Santiago de Ois os mozos colocaban os cabazos coa vela dentro ,na noite do 2 de novembro, noite de defuntos, nos camiños, nos balados e nas ventás das casas. El nunca chegóu a facelo porque era un neno pequeno e dabanlle moito medo, cando xa foi medrando e estaba na edade de facelo, a tradición xa morrera e esquecerase na nosa aldea. Cando comezaron a chegar aquí as pelis americanas nas que falaban do halloween, ao primeiro non relacionéi, pero pronto me decateí, que aquela costume norteamericana e as historias de cabazos que me contara meu pai tiñan un fondo común. E claro que o tiñan. A tradición das cabazaas e a celebración do achegamento entre os mortos e os vivos era tan antiga como os nosos antepasados celtas. Seguramente os irlandeses, tan parecidos a nós nas súas costumes e folklores, polo seu tamén pasado celta, foron os que levaron a tradición a América na emigración masiva de principios do século XX. E agora volve a nós, xa se fan festas de halloween en discotecas, pubs, etc, etc, cos disfraces de bruxas, pantasmas, vampiros, etc, etc. Pero a tradición celta o que pretendía non era asustar nin meter medo , se non, achegar eses dous mundos de vivos e mortos. Pensaban que os mortos volvían a este mundo para visitar as súas casas, e por iso poñíanse as cabazas, nun tempo en que non había luz eléctrica, para sinalarlles o camiño coas velas acesas dentro. Pouco a pouco a tradición foi cambiando e as cabazas tomaban formas de caras humanas para "asustar" as mozas da aldea, e pouco a pouco foise perdendo. No norte de provincia da Coruña é onde máis recuperado está. Chámase Samaín. Era unha das festas dos celtas, na que celebraban o comezo do ano, co cambio de colleitas cos frutos do outono. É unha tradición ben bonita, e por iso quería contarvos que a nosa aldea, Santiago de Ois foi quen de conservar esta costume ata os anos cuarenta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario